Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/42-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. igrexa (mercado da Magdalena).

Situación: Ferrol.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 100 m de lonxitude, en conductor R.H.V. de 12/20 kV e 240 mm Al e que entronca na L.M.T.S. entre os CC.TT. de Jofre e Banco Pastor e finaliza no C.T. tipo interior de 1.000 kVA denominado igrexa (mercado da Magdalena). Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña