Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/25-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Liñares.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 0,032 km, con orixe no apoio de formigón nº 4 da L.M.T. 704 C.R. Grela-Sigrás-Meicende derivada a C.T. Liñares, conductor tipo R.H.V. e final no C.T. Liñares (predio Fadesa). Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Culleredo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña