Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.715

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, na sesión do día 31 de xaneiro último, acordou, por maioría absoluta legal a aprobación inicial do expediente de modificación puntual das normas subsidiarias na zona dos Muíños, segundo documentación técnica redactada polo equipo dirixido polo arquitecto Rodríguez de la Rúa Román, por iniciativa do Instituto Galego da Vivenda e Solo, constando o informe previo da CPTOPV así como o cumprimento dos reparos sinalados nel. De conformidade co disposto nos artigos 42 e 50 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes a partir da publicación do pertinente edicto no DOG e no xornal La Región de Ourense, co fin de que poida ser examinado na secretaría municipal e formalizarse as alegacións ou reclamacións que se consideren pertinentes.

Barbadás, 14 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado