Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dos servicios de apoio administrativo á unidade de tarxeta sanitaria.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde. División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica; edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax: 981 54 27 62, 15781 Santiago de Compostela. (www. sergas.es).

2. Categoría do servicio e descrición.

Orzamento total: vintenove millóns trescentas cinco mil pesetas (29.305.000 pesetas) equivalentes a 176.126 euros.

3. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación esixida: grupo III, subrupo 3, categoría A.

4. Prazo de execución: un ano.

5. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no enderezo establecido no punto 1, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Garantías: provisional do 2% do orzamento de licitación.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na

forma indicada no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xunts da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no edificio administrativo de San Caetano (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o plazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Dirección xeral da División de Recursos Económicos