Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia, das obras de clave OH.532.383 e OH.215.470.

a) Obra.

1. Abastecemento e saneamento en Peimogo-Barbantes e Punxín (Punxín-Ourense).

Clave: OH.532.383

Orzamento: quince millóns setecentas setenta e sete mil novecentas sesenta e catro pesetas (15.777.964 pesetas, equivalente a 94.827,473 euros).

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas,

e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: trescentas quince mil cincocentas cincuenta e nove pesetas (315.559 pesetas, equivalente a 1.896,548 euros).

2. Renovación da traída de auga desde Bordocedo ata os depósitos de Mugardos (Mugardos-A Coruña).

Clave: OH.215.470.

Orzamento: catorce millóns cento trinta e cinco mil novecentas cincuenta e cinco pesetas (14.135.955 pesetas, equivalente a 84.958,801 euros).

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non se esixe.

Requisitos específicos do contratista: os licitadores deberán presentar, para os efectos de acredita-la súa solvencia económica e financeira, os documentos citados no artigo 16, letra a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e a súa solvencia técnica mediante os documentos citados no artigo 17, letras a) e b) da mesma lei.

De posuí-lo licitador clasificación do grupo E, subgrupo 1, categoría c, será eximido da presentación da solvencia económica e financeira e da solvencia técnica.

Fianza provisional: duascentas oitenta e dúas mil setecentas dezanove pesetas (282.719 pesetas, equivalente a 1.699,175 euros).

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 71 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, praza Camilo Díaz Valiño, s/n, Santiago de Compostela.

Así mesmo, tamén se poderá obte-lo prego de cláusulas administrativas particulares relativo a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=181

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no punto a) anterior e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras indicadas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro de Augas de Galicia, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día vinte (20) de marzo de 2001.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas de Augas de Galicia, ás dez horas do día tres (3) de abril de 2001.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 1.2.6. «Constitución e funcionamento da mesa» do prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2001.

Agustín Hernández Fdez. de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia