1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato: a) Subministración dunha aplicación de control de instalacións eléctricas. b) Prazo de entrega: dous meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.
4. Orzamento de licitación: 9.000.000 de pesetas, incluído todo xénero de gastos e IVE.
5. Garantías: a) Provisional: 180.000 pesetas. b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, das 9 ás 13 horas. d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.
9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos: a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo, de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os de transporte, instalación e posta en marcha.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 2001.
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
Raimundo González Carballo
Tenente alcalde de área