1. Entidade adxudicadora:
a) Órgano: alcaldía.
b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.
2. Obxecto do contrato:
Execución das obras de saneamento no núcleo rural de Cantaleta.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento e forma: aberto-concurso.
4. Orzamento:
3.083.404 pesetas.
5. Garantía provisional:
61.668 pesetas.
6. Garantía definitiva:
4% do orzamento de adxudicación.
7. Prazo de execución:
4 meses.
8. Obtención de documentación e información:
Concello de Cuntis.
Praza da Constitución número 4.
36670 Cuntis.
Teléfono: 986 54 80 05. Fax: 986 53 39 95.
E-mail: cuntis*fegamp.es.
Data límite para a obtención de documentación e información: ata o día anterior ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións.
Requisitos do contratista: persoa física ou xurídica con capacidade plena para contratar.
9. Presentación de ofertas:
Data límite de presentación de ofertas: rematará ós 23 días naturais contados desde o seguinte ó da data da derradeira publicación do anuncio no DOG ou BOP.
Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións.
Lugar de presentación de ofertas: rexistro do Concello de Cuntis, de luns a venres das 9 ás 14 horas.
10. Apertura de ofertas:
Base XV do prego de condicións.
11. Gastos dos anuncios:
Por conta do adxudicatario.
Ó mesmo tempo que se fai a convocatoria desta licitación, exponse ó público o prego de condicións durante o prazo de 8 días. Se se presentasen alegacións, reclamacións ou reparos contra este, aprazarase a licitación.
Cuntis, 31 de xaneiro de 2001.
O alcalde
Rubricado