Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.592

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2001, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da segunda poxa pública de dous inmobles que pertencen ó patrimonio da Seguridade Social, sitos na parroquia de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 30-8-2000, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda e declarou o seu alleamento o día 28-2-2000, para vende-los inmobles seguintes:

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro do concello de Cabana de Bergantiños, chamada «Porriñosa de Baixo», de 4 centiáreas, 81 áreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños (A Coruña) no libro 106, tomo 965, folla 19, predio número 5258-N, inscrición segunda.

-Predio rústico sito na parroquia de Borneiro do concello de Cabana de Bergantiños, chamada «Pequena dos casais de dentro», de 52 centiáreas, 5 áreas. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Cabana de Bergantiños (A Coruña) no libro 106, tomo 965, folla 20, predio número 5262-N, inscrición segunda.

O tipo mínimo de licitación é de 1.949.916 pesetas (11.719, 23 euros).

Farase esta segunda poxa de acordo co prego de condicións, que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería

Xeral da Seguridade Social; r/ Federico Tapia, 52-7º dereita da Coruña. Teléfono 981 18 76 73.

O acto público desta segunda poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás 12 horas do día 23 de marzo de 2001 na sala de xunta da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social; r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2001.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social da Coruña