Ó non ser posible realizarlle a notificación ó interesado ou ó seu representante por causas non imputables á Administración tributaria, e unha vez intentado por dúas veces, en cumprimento do disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (redacción dada pola Lei 66/1997), cítase o interesado ou o seu representante para ser notificado por comparecencia na sede desta Dependencia Provincial de Recadación, en Toledo, na rúa Afonso X O Sabio, nº 1. No caso de non comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación desta citación, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do dito prazo, de acordo co disposto no artigo 103.3 do RXR (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) nos seguintes termos: que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo
de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente acordou:
En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio e garantías dos debedores, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».
E, ademais, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a formalización do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.
Toledo, 11 de xaneiro de 2001.
Francisco Javier Pajares Álvarez
Xefe da Dependencia de Recadación de Toledo
Datos do contribuínte Concepto/Descrición/Obx. Trib. Clave liquidación Importe D. Pro. Constr.
Aviextre S.L.
R/ Trigo Pg. ind. San Isidro,
1 Seseña
Velasco Fernández, José Carlos
R/ Cedillo, 13. Recas
B80517840
Sanción exp.: 1999/OU-0464-O-99 P. Ter. C1100000320105478 18.000 14-9-2000
03826682B
Sanción exp.: 1999/OU-1864-O-99 P. Ter. C1100000320105566 60.000 14-9-2000
Recursos.
Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen se poderen simultanear ámbolos
recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.
Motivos de impugnación.
O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).
-Pagamento ou extinción da débeda.
-Prescrición.
-Aprazamento.
-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.
-Defecto formal no título expedido para a execución.
Suspensión do procedemento.
O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).
Solicitude de aprazamento.
Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.
A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.
Lugar de pagamento.
Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegacion Administración da AEAT.
Xuros de demora.
As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido noa artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral presupostaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.
Custas.
No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.
Prazos para efectua-lo ingreso.
(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).
a) Recibida a notificación entres os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil seguinte.
b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.
Comparecencia do interesado.
Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por si mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.