Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.589

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DO SALNÉS

ANUNCIO referente á convocatoria de probas de selección de persoal (Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro de 2000).

A Fundación Pública Hospital do Salnés comunica a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas de selección de persoal. As ditas listas estarán expostas no taboleiro de anuncios da fundación pública, nas direccións provinciais do Sergas das catro provincias galegas, na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra así como na páxina web do Sergas desde a publicación deste anuncio.

Así mesmo, faise público que a realización da proba escrita terá lugar o vindeiro día 17 de marzo no recinto do Ifevi en Cotogrande (ó lado do aeroporto de Peinador) consonte o seguiente horario de chamamento:

CategoríaHora chamada

Persoal de servicios xerais (PSX)9 horas

Auxiliar de enfermería12 horas

ATS/DUE

Matrona

Fisioterapeuta

Técnico especialista de laboratorio

Técnico especialista de radioloxía

16 horas

Os convocados deberán ir provistos de DNI, permiso de conducir ou pasaporte, así como de bolígrafo azul ou negro. O chamamento é único polo que se

excluirán deste proceso de selección os que non comparezan.

Vilagarcía de Arousa, 25 de febreiro de 2001.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director da Fundación Pública Hospital do Salnés