Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O alcalde, no expediente III-9/2000, de modificación puntual nº 3 do Plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa, dictou Decreto con data do 18-1-2001, que ten a seguinte parte resolutiva:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 3 do Plan parcial de ordenación da actuación industrial A Granxa, promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, redactada polo arquitecto Arturo Conde Aldemira, consistente no cambio de uso da parcela nº 259 do polígono destinada a equipamento comercial e social para uso industrial.

2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, BOP de Pontevedra, e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

3. Suspende-lo procedemento de outorgamento de licencias nas zonas afectadas por esta modificación puntual, que é a parcela nº 259 do Plan parcial da Granxa.

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios ós que se refire o punto 2º, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 29 de xaneiro de 2001.

O alcalde

Rubricado