Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.587

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (DPO-4/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 9 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-las alegacións presentadas por José Vázquez Vázquez (incorporándoo na relación de propietarios do POL H3.01), Antonio Pedreira Villaverde e Promicións Coruñesas, S.A. de acordo co informe emitido. Desestima-las alegacións presentadas por José Ignacio Fernández Pose presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 39 da r/ San Amaro nº 107532/2000 do 3 de novembro. Alegacións co mesmo contido presentadas por Luis González Gil 105073/2000, Marcelino Rodríguez Fernández nº 108071/2000, Julio Redondo Sánchez nº 108064/2000, Alicia Rodríguez Hermida nº 108063/2000, Luis Fernández Rios nº 108060/2000, José Manuel Bello Edreira nº 108039/2000, Manuel Antonio Naveira Cañás nº 108864/2000, 108865/2000 e 108866/2000 de 6 e 7 de novembro e a presentada por Victoria Iglesias Pedreira de conformidade co informe emitido. Tomar coñecemento do escrito presentado por Taller Sete, S.A.

Segundo.-Aproba-lo documento presentado o 12 de xaneiro de 2001 nº 3835 de delimitación dos polígonos APE H2.01 e POL H3.01 para a xestión do ARE H2.01, debéndose corrixi-lo plano nº 4 e

nº 5 corrixindo o erro de grafado consistente na liña de trazos no interior da parcela de Promocións Coruñesas, S.A.

Terceiro.-Notifica-los propietarios afectados.

O que se publica significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 16 de febreiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo