Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de caza OU-1999/201.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente número: OU-99/201.

Denunciado: Antonio Ramos Álvarez.

Último enderezo coñecido: Bedoya, 11-1º A, Ourense.

Contido da resolución:

Data: 22 de maio de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: cazar con néboa.

Resolución: sanción con multa de 100.001 pesetas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela por un tempo dun ano e un día.