Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. A Torre.
Situación: O Pino.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 90 m de lonxitude, en conductor LA-56, que parte do apoio nº 86 da L.M.T. a C.T. Torre-Ferreiro e final no C.T. Torre, tipo aéreo, de 50 kVA. Concello do Pino.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 24 de xaneiro de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña