Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/54-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e, no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.E.T. O Milladoiro (liña 5 Santiago II-Ponte Espiño).

Situación: Ames e Santiago de Compostela.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.250 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV-240 mm Al que parte da subestación Santiago II e final no paso aéreo-subterráneo, xunto á derivación a C.T. Ventín II da L.M.T. a Ponte Espiño. Concellos de Ames e Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña