Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/20-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T. Jorge Guillén,3.

Situación: Culleredo.

Características técnicas: coa finalidade de alimentar electricamente, no concello de Culleredo, proxéctase a instalación: L.M.T.S., C.T.C. Jorge Guillén. Liña de media tensión subterránea a 15 kV, cunha lonxitude de 0,46 km, con orixe na L.M.T. a C.T. avda. do Portádego (expte. 296/1997) conductor tipo R.H.V., e final no C.T. proxectado. Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña