Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/320-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Marazoi.

Situación: Oza dos Ríos.

Características técnicas: recuamento da liña eléctrica de media tensión, a 15 kV, ó seu paso sobre campo de fútbol, en Oza dos Ríos, consistente en: implantar dous novos apoios de formigón para paso aéreo a subterráneo, entre os puntos en que a liña deriva a C.T. Oza Ponte e C.T. Madeiras Hernández, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3 (1x240) mm Al de 265 m de lonxitude. Centro de transformación en caseta prefabricada, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, nomeado C.T. Mazaroi, ó lado do pavillón polideportivo. Oza dos Ríos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña