Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/5-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Avda. Peregrina á rúa do Rueiro.

Situación: Ames.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 60 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 12/20 kV de 240 mm Al, que parte da L.M.T.S. a CC.TT. Travesía da Peregrina e avda. da Mahía nº 82 e final no C.T. tipo interior de 630 kVA na avda. Peregrina (rúa do Rueiro). Concello de Ames.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña