Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2001 Páx. 2.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de xaneiro de 2001, polo que se autoriza a cesión, por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense, das rúas Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao.

En cumprimento do disposto no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 18 de xaneiro de 2001, esta subdirección xeral

DISPÓN:

Que se faga público o Acordo do 18 de xaneiro de 2001, do Consello da Xunta de Galicia, de autorización da cesión, por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense, das rúas Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao, dado o seu carácter urbano, de acordo co artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas

ACORDO:

Autoriza-la cesión, por parte da Xunta de Galicia, ó Concello de Ourense, das rúas Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao, dado o seu carácter urbano, de acordo co artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia.

Unha vez cedidas estas vías, corresponderalle ó Concello de Ourense a xestión, conservación e mantemento.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Antecedentes.

O artigo 54 da Lei 4/1994, de estradas de Galicia, establece que as estradas autonómicas ou provinciales ou os treitos determinados nelas nos que a circulación adquira características urbanas se entregarán ós concellos respectivos.

* Con data do 11 de decembro de 1998, o Pleno do Concello de Ourense, en sesión ordinaria, acorda solicitar á Xunta de Galicia a cesión da rúa Cardeal Quevedo.

* Con data do 14 de decembro de 1998, o alcalde do Concello de Ourense, remite ó Servicio Provincial de Estradas de Ourense a certificación do mencionado acordo plenario relativo á cesión da rúa Cardeal Quevedo, de titularidade autonómica, a prol do concello.

* Con data do 14 de setembro de 2000, o alcalde do Concello de Ourense solicita á Xunta de Galicia a cesión das rúas Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao.

* Con data do 14 de setembro de 2000, o Servicio Provincial de Estradas de Ourense emite informe favorable ó cambio de titularidade das rúas Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao.

* Con datas do 20 de setembro de 2000 e 12 de xaneiro de 2001, a Subdirección Xeral de Estradas da Consellería de Política Territorial, Obras

Públicas e Vivenda emite, respectivamente, informe favorable sobre a cesión da rúa Cardeal Quevedo e a cesión das rúas Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao.

En virtude de todo isto, autorízase a cesión por parte da Xunta de Galicia ó Concello de Ourense das rúas Cardeal Quevedo, Parque de San Lázaro e Alfonso Rodríguez Castelao.