Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PERI 12.04 Oia (expediente 6270/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de decembro de 2000, tomou coñe

cemento do avance do Plan especial de reforma interior 1 Oia 12.04 (expediente 6270/411), de iniciativa municipal, redactado polas arquitectas Carolina Álvarez Míguez, Nuria Campos Díaz e Marta Gutiérrez Mediero, con visado do COAG do 6 de novembro de 2000, así como das suxestións formuladas a este pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento.

Sométese o expediente ó trámite de información pública, polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que estimen oportunas e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que estimen procedentes.

O prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 23 de xaneiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo