Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución de dous expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (AC-EP 214 e 282/2000).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes ante a instructora do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

AC-EP

214/2000

Marianto, S.L.

(Rpte. Mª Isabel Blanco Pico)

B-15.498.561Avda. Marqués de Figueroa,

Perlío-Fene

Trasgo26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

10.000 ptas.

AC-EP

282/2000

Daniel Enrique FloresX-2940345-Wr/ Xuncal, Sta. Cristina-OleirosPub Isidoro26 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

30.000 ptas.