Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncian as contratacións, polo sistema de concurso e mediante procedemento aberto, con trámite de urxencia e como anticipado de gasto, do servicio de limpeza e mantemento de extintores en diversos centros dependentes desta delegación provincial.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las seguintes contratacións:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Números de expediente:

1/2000: servicio limpeza na Casa do Mar de Ferrol.

2/2000: servicio limpeza na Casa do Mar de Aguiño.

3/2000: servicio limpeza na Casa do Mar de Ribeira.

4/2000: servicio limpeza no Centro Base de Ferrol.

5/2000: mantemento material contraincendios en centros de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratos dos servicios de limpeza e mantemento de extintores.

b) Lugar de execución:

-Expediente 1/2000: Casa do Mar de Ferrol.

-Expediente 2/2000: Casa do Mar de Aguiño.

-Expediente 3/2000: Casa do Mar de Ribeira.

-Expediente 4/2000: Centro Base de Ferrol.

-Expediente 5/2000:

* Centros Sociais: Fene, As Pontes de García Rodríguez, Ortigueira, Carballo, Muros, A Pobra, Santa Comba, Corcubión.

* Residencias Terceira Idade: Torrente Ballester, Oleiros, Santiago, Ferrol, Carballo, A Pobra.

* Fogares Terceira Idade: Coruña, Ferrol.

* Centros Base: Coruña, Ferrol.

* Delegación de Sanidade e S.S.

* C.E.E. Santiago Apóstol.

c) Plazo de execución: desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro do 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente. (Expediente anticipado de gasto).

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Expediente 1/2000 Casa do Mar de Ferrol: 12.255.000 (doce millóns duascentas cincuenta e cinco mil pesetas), 73.654,033 euros.

Expediente 2/2000 Casa do Mar de Aguiño: 2.034.000 (dous millóns trinta e catro mil pesetas), 12.224,586 euros.

Expediente 3/2000 Casa do Mar de Ribeira: 1.515.000 (un millón cincocentas quince mil pesetas), 9.105,333 euros.

Expediente 4/2000 Centro Base de Ferrol: 4.510.000 (catro millóns cincocentas dez mil pesetas), 27.105,645 euros.

Expediente 5/2000 Centros Serv. Sociais: 1.300.000 (un millón trescentas pesetas), 7.813,157 euros.

5. Garantía provisional:

2% do orzamento.

Expediente 1/2000 Casa do Mar de Ferrol: 245.100 (duascentas corenta e cinco mil cen pesetas), 1.473,080 euros.

Expediente 2/2000 Casa do Mar de Aguiño: 40.680 (corenta mil seiscentas oitenta pesetas), 244,491 euros.

Expediente 3/2000 Casa do Mar de Ribeira: 30.300 (trinta mil trescentas pesetas), 182,106 euros.

Expediente 4/2000 Centro Base de Ferrol: 90.200 (noventa mil duascentas pesetas), 542,112 euros.

Expediente 5/2000 Centros Serv. Sociais: 26.000 (vinteseis mil pesetas), 156,631 euros.

6. Garantía definitiva:

4 % sobre os importes de adxudicación.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

* Solvencia técnica: acreditarase polos medios previstos no artigo 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño.

* Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño.

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade e código postal: A Coruña-15011.

d) Teléfono: 981 18 58 06/03.

e) Telefax: 981 18 58 01.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán examinarse durante o plazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, en días hábiles, excepto sábados, nas catro delegacións provinciais da consellería así como na Dirección Xeral de Servicios Sociais en Santiago de Compostela.

9. Lugar de presentación:

No Rexistro Xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais na Coruña, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, 1º, ou por calquera das formas previstas na normativa vixente.

Se as proposicións se cursan por correo, terá que xustificarse a data de presentación e comunicarse no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

10. Forma de presentación:

A documentación que integrará as ofertas deberá presentarse en sobres pechados e é a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Admisión de variantes: non se admiten.

12- Plazo de presentación:

Será de 15 días naturais contados dende o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

13. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais da Coruña.

b) Enderezo: Gregorio Hernández, 2-4, 1º.

c) Localidade: A Coruña.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Se coincidira en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

14. Criterios de adxudicación:

Os definidos nos respectivos pregos.

15. Outras informacións:

Nos anversos dos sobres se consignará o seu respectivo contido e o nome do licitador.

16. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 1 de febreiro de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña