Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, sobre a solicitude do permiso de investigación Irene.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña fai saber que, Sonense de Granitos, S.L., con domicilio en Baroña, s/n, Porto do Son, presentou nesta delegación provincial o día 11 de outubro de 1999, instancia-solicitude do permiso de investigación Irene de 9 cuadrículas mineiras para os recursos da sección C, granito ornamental nos termos municipais de Boiro e Lousame (A Coruña) correspondéndolle o nº 7028, da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticeLonxitudeLatitude

1-8º 52' 20''42º 44' 00''

2-8º 51' 20''42º 44' 00''

3-8º 51' 20''42º 43' 00''

4-8º 52' 20''42º 43' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que calquera que se considere interesado, interpoña, reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña