Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se declara deserto o concurso para a contratación do servicio de xestión da rede de telefonía de voz e datos da Xunta de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 88.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a Resolución do 20 de febreiro de 2001, pola que se declara deserto o concurso para a contratación do servicio de xestión da rede de telefonía de voz e datos da

Xunta de Galicia, convocado por Resolución do 22 de xaneiro de 2001 (DOG nº 23, do 1 de febreiro).

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública