Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2001 Páx. 2.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas diversas adxudicacións de contratos administrativos.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, esta secretaría acordou darlle publicidade á adxudicación dos contratos administrativos que se relacionan.

Forma de adxudicación: os contratos que a seguir se identifican foron adxudicados, logo da tramitación dos correspondentes expedientes administrativos, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público.

1. Resolución de licitación: 14 de novembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 224, do 20 de novembro).

1.1. Obxecto do contrato:

Construcción de piscina descuberta no Concello de Cortegada (Ourense).

Adxudicatario: Alicatados y Revestimientos Gómez Crespo, S.L.

Importe adxudicación: 57.559.577 pesetas.

Prazo de execución: 5 meses.

Data da resolución: 13 de decembro de 2000.

1.2. Obxecto do contrato:

Cuberta das bancadas do estadio de atletismo no Campus Universitario de Elviña (A Coruña).

Adxudicatario: Construcciones Suso Chaira, S.L.

Importe adxudicación: 87.750.000 pesetas.

Prazo de execución: 4 meses.

Data da resolución: 13 de decembro de 2000.

2. Resolución de licitación: 5 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 239, do 12 de decembro).

2.1. Obxecto do contrato:

Construcción de ximnasio e reforma de vestiarios no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Adxudicatario: deserto.

Data da resolución: 27 de decembro de 2000.

2.2. Obxecto do contrato:

Construcción dun pavillón polideportivo no concello de Sarria (Lugo).

Adxudicatario: Agrupconsa, S.L.

Importe adxudicación: 110.840.369 pesetas.

Prazo de execución: 10 meses.

Data da resolución: 27 de decembro de 2000.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte