Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.397

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 18 de xaneiro de 2001, da Delegación Comarcal de Ribeira, pola que se notifica a proposta de expediente sancionador (PESAN1 00/001332-1).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona, a proposta do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación comarcal as alegacións que considere pertinentes.

O expediente relacionado de seguido atópase á disposición do interesado na citada Delegación Comarcal de Ribeira, praza dos Mariñeiros, 11.

Nº de expediente: PESAN1 00/001332-1.

Denunciado: José Alberto Camino Outeiral.

DNI: 76.968.416.

Enderezo: Esteiro, 13-Boiro.

Ribeira, 18 de xaneiro de 2001.

José Casais Torres

Delegado comarcal de Ribeira