Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.396

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de febreiro de 2001, polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico denominado Paxareiras II-B (Adraño).

En cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 13 de febreiro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de febreiro de 2001, do que a súa parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1º Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado parque eólico Paxareiras II-B (Adraño).

2º De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997, polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento dos concellos de Mazaricos e Carnota queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba».

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria