Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas, S.A. (BEGASA).
Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación do Barral e Fontefeal. Castromaior.
Situación: Abadín.
Descricións técnicas: liña de media tensión en LA-56 a 20 kV de 1.168 metros de lonxitude sobre apoios de formigón. Centro de transformación no Barral de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Centro de transformación en Fontefeal de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 1.850 metros de lonxitude.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Lugo, 11 de xaneiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo