Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de resolución de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Juan Pablo Barrio Martín e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de resolución de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e empránzase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo o económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 entresuelo, Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo, sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 23 de xaneiro de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

InteresadoProcedemento

Juan Pablo Barrio Martín

DNI: 34.998.462

R/ Valle Inclán 43, Ourense

Resolución recurso reposición

Expte. 7487/1999

Recurso: 186/00 desestimado

Miguel Ángel Paz Fernández

DNI: 34.942.692

Avda. Curros Enríquez 33, Ourense

Resolución recurso reposición

Expte. 99/1996

Recurso: 173/99 desestimado

Fernando Fernández del Río

Rpte. Afema A32101990

R/ Avellanosa, 6º, Ourense

Resolución recurso reposición

Expte. 1447/1992

Recurso: 424/97 desestimado

José Antonio Pérez Fernández

DNI: 34.916.576

Avda. Habana 9, Ourense

Resolución recurso reposición

Expte. 2898/1988

Recurso: 248/00 desestimado

Rosario Prada Martiñá

DNI: 34.678.443

R/ Pena Corneira 16º, Ourense

Resolución recurso reposición

Expte. 3490/1995

Recurso: 102/98 estimado en parte.