Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.387

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (12/2000).

Eu, Rosa María Acero Salomón, secretaria do Xulgado de Instrucción de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 12/2000, seguido perante este xulgado por unha falta de ameazas, acordouse cita-lo denunciado Julián Vilas Juncal á celebración deste xuízo de faltas que terá lugar o vindeiro día vintesete de febreiro de dous mil un ás 10.45, baixo apercibimento de que de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito.

E para que conste e sirva de citación ó denunciado Julián Vilas Juncal, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido esta cédula en Negreira o doce de febreiro de dous mil un.

A secretaria.

Negreira, doce de febreiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado