Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2001 Páx. 2.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 31 de xaneiro de 2001 da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 28, do 8 de febreiro) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o 13 de febreiro na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago

de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2001, iniciarase por aqueles nos que o primeiro apelido empece pola letra «T».

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública