Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de iluminación pública nas rúas Enxeñeiro Rafael Areses e Alenxandre Bóveda.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto. a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: quince días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento de licitación: 18.259.269 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Garantías. a) Provisional: 365.185 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España, Pontevedra 36071. Teléfono/fax: 986 80 43 00/ 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello. En horario de 9 a 13 horas. d) Prazo durante o cal el licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

8. Apertura das ofertas: será realizada pola mesa de contratación, o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas, na sala de xuntas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de execución da obra, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 9 de xaneiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral do Concello de Pontevedra

Raimundo González Carballo

Teniente alcalde delegado de Área