Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 22 de febreiro de 2001 Páx. 2.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de febreiro do 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios 662/2000 e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por presunta infracción da Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, por non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López , funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, se producirá a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándese para estes efectos os importes da sanción indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 7 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido

e sancionador

Sanción

pesetas

662/2000Mª Rodríguez Mateo

DNI 34.934.360.

Mora d'Ebre nº 98-baixo

08023 Barcelona.

Abandono vehículo B-3664-MArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

694/2000Antonio González Fernández

DNI 76.707.487

Avda. Constitución 83-6ºB

33207 Gijón

Abandono vehículo OR-4927-DArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

695/2000José Manuel Gómez Domínguez

DNI 34.925.577

Avda. Sta. Coloma nº100 2º 7º

08922 Sta. Coloma de Gramanet

Abandono vehículo OR-3961-BArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

811/2000Laureano López Muñoz

DNI 22.309.029-H

Numancia 7-2º

30007 Murcia

Abandono vehículo MU-0697-SArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

823/2000José Cruz Salamanca

DNI 24.118.370.

Grecia nº-100-2º porta

08860 Castelldefels

Barcelona

Abandono vehículo B-7416-IUArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000

840/2000Ángel Luís Rodríguez Fernández

DNI 01.026.663-N

Real nº-57-7º A

24400 Ponferrada-León.

Abandono vehículo LE-9743-IArt.137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN.50.000