Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001 pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade OU-99/006.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación, ou ben recurso contencioso-administrativo para interpoñer, a elección do recorrente, perante o xulgado do contencioso-administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente ou perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da cidade de Ourense, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación, de conformidade co establecido no artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2001.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Expediente núm.: OU-99/006.

Denunciado: Manuel Antonio dos Santos Valente.

Último enderezo coñecido: A Eirexa, 7. Ribela. Coles (Ourense).

Contido da resolución:

Data: 5 de decembro de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: maltrato e abandono de animal, con resultado de sacrificio.

Resolución: declaración de caducidade do procedemento e orde de incoación dun novo expediente polos mesmos feitos, ó non ter prescrito a infracción.