Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PESAN1 00/85-2.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución do expediente instruído por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

O interesado dispón dun prazo de dez días contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente relacionado de seguido atópase á disposición do interesado na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avenida Ramón Canosa, s/n, 27863.

Nº de expediente: PESAN1 00/85-2.

Denunciado: Antonio Javier Gómez Alcubilla.

DNI: 50.401.260-A.

Enderezo: Puerta Sierra III, nº 45, Majadahonda.

Precepto infrinxido: 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: 25.001 pesetas.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non ser aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro-Viveiro, 15 de xaneiro de 2001.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo