Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2001 Páx. 2.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (4046/2001).

Polo presente edicto faise saber que en providencia dictada no día da data, por esta sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, se acordou admitir a trámite o recurso interposto polo procurador José Manuel del Río Sánchez, en nome e representación de Agustín e Isabel Mª Lorca Codina e Mª Carmen Josefa Rico Gómez, contra resolucións da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 10-11-2000 e desestimatorias dos recursos de alzada interpostos contra outras do secretario xeral do 16-12-1999, relativas ó concurso público convocado por Resolución do 20-1-1998.

Recurso número: 02/0004046/2001.

A publicación deste anuncio servirá de emprazamento para as persoas que, non tendo sido notificadas persoalmente, posúan un dereito ou interese lexítimo no citado recurso, que poderán comparecer en legal forma no prazo de nove días. Se o fixesen con posterioridade, teráselles por parte para os trámites non precluídos.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2001.

A secretaria

Rubricado

Visto e prace

O presidente

Rubricado