Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS

ANUNCIO de concurso.

Convócase concurso para a concesión administrativa da explotación integral do servicio público municipal de abastecemento e saneamento de auga, conforme o seguinte detalle:

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Monforte de Lemos.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: concesión administrativa da explotación integral do servicio público municipal de abastecemento e saneamento de auga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: concurso.

4. Garantías.

Provisional: por importe de 1.000.000 de pesetas.

Definitiva: por importe de 10.000.000 de pesetas.

5. Otención de documentación e información.

Entidade: Concello de Monforte de Lemos. Departamento de secretaría.

Código postal: 27400.

Teléfono: 982 40 24 80.

Telefax: 982 40 48 12.

Data límite de obtención de documentos e información: un día antes da finalización do prazo de licitación.

6. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 30 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a esixida nos pregos de condicións.

7. Apertura de ofertas.

Data: o sétimo día hábil, contado desde a terminación do prazo de presentación de proposicións.

Hora: trece horas.

8. Gastos de anuncios.

Con cargo ó adxudicatario.

Monforte de Lemos, 13 de febreiro de 2001.

Nazario Pin Fernández

Alcalde