Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisiónde Goberno en sesión do 31 de xaneiro de 2001, aprobouse a adxudicación mediante concurso para a execución das seguintes obras:

I. Vestiarios no campo de fútbol do polvorín.

II. Dotación de servicios e beirarrúas ós vestiarios no campo de fútbol do polvorín. Anúnciase a licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición dos obxectos: a execución das obras dos proxectos de referencia.

d) Prazos de execución: catro meses e un mes, respectivamente. Non obstante, os prazos serán os ofrecidos nas proposicións do/s adxudicatario/s.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total dos contratos é de (I) 16.003.587 e (II) 6.613.261 pesetas, respectivamente non obstante os prezos dos contratos serán os ofrecidos polos adxudicatarios nas súas ofertas.

5. Garantías.

Provisional: 320.072 e 132.265 pesetas, respectivamente.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 297186, 982 297143.

e) Telefax: 982 297259.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 31 de xaneiro de 2001.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área