Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (25/2000), expropiación forzosa VL-F12.01.

A Comisión de Goberno, en sesión do día 26 de xaneiro de 2001, adoptou, entre outros, o acordo que, copiado do borrador da acta é do seguinte teor:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de apropiación para a execución da vía VL-F12.01 (A Cabana).

2. Optar para a execución do citado proxecto polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes mediante a inserción dos anuncios correspondentes na prensa e diarios oficiais e remitir notificacións persoais xuntando follas de prezo xusto e criterios de valoración a aqueles que neste momento aparezan como interesados no expediente para que durante o citado prazo os interesados poidan consulta-lo proxecto nas dependencias do Servicio de Urbanismo do Concello da Coruña sito na avda. da Mariña 18, de luns a venres entre as 12.30 e as 14 horas, así como presentar cantas alegacións teñan por convenientes, na defensa dos seus dereitos.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo que o prazo dun mes sinalado no número 3 do acordo comenzará a contar desde o día seguinte ó da notificación personal e, no seu defecto, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia. Así mesmo ponse de manifesto a conveniencia de presentar títulos de propiedade, certificación rexistral e demais documentos que xustifiquen a titularidade de parcelas e dereitos afectados.

Propietarios descoñecidos:

Parcela: 22. Ref. catastral: 7890913.

A Coruña, 2 de febreiro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda