Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2001 Páx. 2.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Edicto do 11 de decembro de 2000, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo á iniciación do procedemento de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Chaira, Navedos, Outeiro de Laixas: integrado por cinco parcelas: Ladeiriña, Mazairas, Outeiro das Míllaras e Fraga, a favor dos veciños de Boazo, no concello da Teixeira (Ourense).

Advertido erro no devandito edicto, publicado no DOG nº 21, do 30 de xaneiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.155, columna da esquerda:

-No parágrafo un, liña 10, onde di: «Miriam López Areal», debe dicir: «Miriam Areal López».

-No parágrafo 6, liña 22, onde di: «58 hectáreas y 54 áreas», debe dicir: «69 hectáreas e 27 áreas».

-No parágrafo 8, liña 25, onde di: «42,7 hectáreas», debe dicir: «41,7 hectáreas».

Na páxina 1.156, columna da esquerda:

-No parágrafo un, liña 3, onde di: «... nº 199 e...)», debe dicir: «nº 19) e...».

-No parágrafo 28, liña 44, onde di: «... Fernánez...», debe dicir: «Fernández».

Na páxina 1.156, columna da dereita, parágrafo dous, liña 2, onde pon: «... 11,4 hectáreas», debe dicir: «1,5 hectáreas».