Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.192

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE COOPERATIVA LIMITADA COFRIVIGO

ANUNCIO.

Antonio Moreno Martín, secretario do Consello Rector da Sociedad Cooperativa Limitada Cofrivigo, como mellor proceda,

Certifico que na asemblea xeral extraordinaria de socios da Sociedad Cooperativa Limitada Cofrivigo, que tivo lugar o pasado día 2 de setembro de 2000, foron adoptados validamente os seguintes acordos:

1º Adaptación dos estatutos sociais á Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e, en consecuencia, cambio de denominación polo de Cofrivigo Sociedad Cooperativa Gallega.

2º Transformación dunha cooperativa de servicios nunha cooperativa de traballo asociado.

3º Establecemento do capital social mínimo en 60.552.000 ptas. (sesenta millóns cincocentas cincuenta e dúas mil pesetas) ou o seu equivalente en euros 363.924,85 A (trescentos sesenta e tres mil novecentos vintecatro con oitenta e cinco euros).

O Porriño, 30 de decembro de 2000.

Antonio Moreno Martín

Secretario