Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.189

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria do día 28 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Desestimar integramente as alegacións de José Manuel Iglesias Rodríguez, de acordo co informe do Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística de data do 20 de decembro de 2000, que se transcribirá ó interesado, para os efectos de motivación.

2. Aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono 2 do SU-21 do PXOU de Ourense, e o proxecto de ocupación dos terreos do polígono 2 do SU-21 por instancia de Miguel Ángel Pérez Moreiras, presidente da Xunta de Compensación do dito sector.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 8 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente