Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 19 de xaneiro de 2001, do Servicio Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 27062/2000 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á sociedade relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente sancionador simplificado 27062/2000, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (praza de Europa, 10 A, 2º-2ª, edificio Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela) no prazo dun mes contado a partir do seguinte día ó da notificaión. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091). Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 27062/2000.

Inculpado: Lumen Uno, C.B.

Enderezo: r/ Pastor Díaz, nº 45, Viveiro (Lugo).

Sanción: cincuenta mil (50.000) pesetas.

Motivo: irregularidades campaña rebaixas.

Data resolución: 30-10-2000.

Lugo, 19 de xaneiro de 2001.

Blanca Vaquero Martín

Xefa do Servicio Provincial de Lugo