Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/346-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. Pedro Berruguete, 2.

Situación: Arteixo.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor 2 R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 60 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. avda. de Pastoriza (expediente 166/96) e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. na r/ Pedro Berruguete, 2, que se vai instalar. Centro de transformación en planta baixa de edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV na r/ Pedro Berruguete, 2 de Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña