Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/351-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: substitución C.T. Baterías.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: nova situación de C.T. Baterías, que se instalará lado futura subestación 220/15 kV porto, semienterrado e cos seguintes elementos: transformador de 800 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, con 6 celas de liña e 2 de protección en SF6, con interconexión mediante conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al a liñas existentes que alimentan CC.TT. de inmediacións e saídas en baixa tensión, con conductor R.V., que alimentan iluminación pública en inmediacións. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 5 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña