Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se notifica a liquidación complementaria pendente e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Celeste Álvarez Villar).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacions complementarias pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent. Ourense en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 22 de xaneiro de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Celeste Álvarez Villar

DNI: 34.608.653.

Jesús Soria, 9-4º D-Ourense.

Procedemento: Liq. Z. Recadación.

Exp.: 26/1998.