Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2001 Páx. 2.176

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001 pola que se fai pública a designación dos secretarios titular e suplente da comisión que resolverá o concurso á praza de profesor desta universidade 1648/1999.

Presentadas recusacións contra os secretarios titular e suplente da comisión xulgadora da praza 1648/1999 nomeada por Resolución do 21-12-1999 (BOE do 19 de xaneiro de 2000), e tendo sido aceptadas, a Xunta de Goberno desta universidade na súa sesión do día 20-12-2000 acordou designar novos vocais secretarios, en cumprimento do que dispón o artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

En consecuencia, este rectorado resolve facer públicos os nomes dos vocais secretarios, titular e suplente, da comisión que resolverá o concurso á citada praza:

Secretario titular: Josep Mª Martí Martí, profesor titular de universidade, Universidade Autónoma de Barcelona.

Secretario suplente: Mª Desamparados Huertas Bailén, profesora titular de universidade. Universidade Autónoma de Barcelona.

A mencionada comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela