Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1605/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada o día 28 de decembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do tramo da rúa Soutelo Peliquin do PXOU de Ourense por instancia de José Luis Fernández Díaz coas condicións sinaladas polo Servicio de Enxeñería no informe do 26 de setembro de 2000 e polo Servicio Eléctrico no seu informe con data do 9 de outubro de 2000, e logo de constitución de garantía polo importe de 1.170.000 pesetas con obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 3 de xaneiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente