Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.149

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución nº 35, con data do 29 de xaneiro de 2001 acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización (correspondente ó estudio de detalle aprobado polo Concello Pleno con data do 1 de agosto de 2000), segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto Luis Portela Montero, e promovido por Benigno Fernando Sánchez Martínez, en representación de Atrium Inversiones, S.L., que se vai realizar no predio sito na estrada Ferrol-Senra, parroquia de Bergondo, neste concello.

Acórdase, así mesmo, proceder á exposición pública do citado expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, durante o prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Bergondo, 30 de xaneiro de 2001.

O alcalde-presidente

P.D.

Rubricado