Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2001 Páx. 2.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación nomeado Fonte do Sapo, 2806.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por Resolución do 28-11-2000 se outorgou a Manuel Vaqueiro S.L., o permiso de investigación nomeado Fonte do Sapo nº 2806, de 10 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipales de Meis e Poio, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeCantidades

18º44'20''42º28'40''

28º43'00''42º28'40''

38º43'00''42º27'40''

48º43'40''42º27'40''

58º43'40''42º28'00''

68º44'20''42º28'00''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra